Dende principios da era de Internet, as URL estaban todas escritas exclusivamente con caracteres latinos. A Corporación de Asignación de Nomes e Números en Internet (ICANN) aceptou as peticións de poder escribir as direccións das páxinas web usando caracteres non latinos. Este acontecemento permitirá un mellor acceso á web, especialmente aos usuarios dos países asiáticos e das nacións árabes, xa que poderase empezar a utilizar caracteres propios destas linguas (do hebreo, do chino, do árabe...). Isto será, segundo o presidente da ICANN, un gran paso para a internacionalización de Internet e para aumentar considerablemente o número de usuarios. Este sistema foi ensaiado durante máis dun ano. O 16 de novembro porase en marcha o funcionamento dunha primeira fase deste sistema.Fontes: Diario El País
1 comentario:
Paréceme moi ben que se poidan incluir caracteres non latinos porque esto amplia as fronteiras de Internet que xa a día de hoxe son moi amplias.
Publicar un comentario