Twitter, rede social de microblogs, está dispoñible oficialmente en español dende hoxe. Esta popular rede, ata o de agora só estaba en inglés e, dende o ano pasado, en xaponés. Gracias á colaboración de varios voluntarios hispanofalantes e do seu traballo durante máis dun mes, levouse a cabo a traducción desta páxina, na que a partir de agora podemos configurala en español. Para iso só temos que clicar en "Settings" e seleccionar o idioma. Espérase que con esta nova iniciativa Twitter aumente o seu público gracias á maior accesibilidade, especialmente nos países de fala non inglesa.
Fontes: diario El País, periódico El Mundo.
Fontes: diario El País, periódico El Mundo.