21 dic 2009

Bo nadal!

Espero que disfrutedes nestes días de descanso, e deséxovos un feliz aninovo! BO NADAL A TODOS!
Un bo dia de nadal.

15 dic 2009

12 dic 2009

Google traballa nunha "biblioteca virtual".

Google acordou co gremio de autores crear unha especie de biblioteca online. Nela os ususarios poderán encontrar libros electrónicos de diferentes categorías e ata os máis actuais.
O proxecto consiste na dixitalización de libros, facéndoos así accesibles para todo tipo de soportes que teñan acceso a Internet. Segundo Gabriel Sticker, portavoz de Google, isto permitirá que as editoriais  poidan vender os seus "e-books". Este proxecto xa foi anunciado a principios de ano na feira de Book Expo America, de Nova York,
Están revisando o pacto para que non haxa ningún tipo de preocupación polos dereitos de autor ou pola privacidade que se pensa que se pode perder. Pero parece que por fin este innovador proxecto está chegando á súa meta.

Fonte: diario El País

4 nov 2009

Twitter por fin en español.


Twitter, rede social de microblogs, está dispoñible oficialmente en español dende hoxe. Esta popular rede, ata o de agora só estaba en inglés e, dende o ano pasado, en xaponés. Gracias á colaboración de varios voluntarios hispanofalantes e do seu traballo durante máis dun mes, levouse a cabo a traducción desta páxina, na que a partir de agora podemos configurala en español. Para iso só temos que clicar en "Settings" e seleccionar o idioma. Espérase que con esta nova iniciativa Twitter aumente o seu público gracias á maior accesibilidade, especialmente nos países de fala non inglesa.

Fontes: diario El País, periódico El Mundo.

3 nov 2009

Presentación sobre os sistemas operativos.

Esta presentación mostra unha pequena idea das características dos principais sistemas operativos que se usan hoxe en día.

2 nov 2009

Incorporación de caracteres non latinos nas URL.

Dende principios da era de Internet, as URL estaban todas escritas exclusivamente con caracteres latinos. A Corporación de Asignación de Nomes e Números en Internet (ICANN) aceptou as peticións de poder escribir as direccións das páxinas web usando caracteres non latinos. Este acontecemento permitirá un mellor acceso á web, especialmente aos usuarios dos países asiáticos e das nacións árabes, xa que poderase empezar a utilizar caracteres propios destas linguas (do hebreo, do chino, do árabe...). Isto será, segundo o presidente da ICANN, un gran paso para a internacionalización de Internet e para aumentar considerablemente o número de usuarios. Este sistema foi ensaiado durante máis dun ano. O 16 de novembro porase en marcha o funcionamento dunha primeira fase deste sistema.


Fontes: Diario El País

28 oct 2009

Presentación


Son alumna da asignatura de TIC de 1º de bacharelato do IES Manuel García Barros da Estrada.

Este blog estará adicado ás tecnoloxías de información e comunicación que temos hoxe en día. Comentarei novas, curiosidades e diferentes novidades que se vaian presentando.