23 may 2010

Xéneros cinematográficos

Neste outro podcast, que novamente subín a Ivoox, podes escoitar as diferentes características dos principais xéneros cinematográficos.

7 may 2010

Formatos de audio

Actualmente existen varios formatos de audio que podemos manexar. Estes arquivos conteñen grabacións de audio, xa sexa música, voces... O que diferencia cada tipo de formato de arquivo son as propiedades de cada un, por exemplo a forma de almacenamento dos datos, as capacidades de reprodución, etc. Según a compresión (transporte da mesma información empregando menor capacidade de espazo) existes diferentes tipos de formatos. Aí van algúns deles:

WAV (Waveform Audio Format). É un formato de audio dixital que non ten compresión de datos. É propiedade de Microsoft. Recoñece arquivos mono ou estéreo, ademais de diferentes resolucións e velocidades. Unha característica importante é que non perde calidade ao ser usado, pero neste formato só se pode grabar arquivos de ata 4 GB. O problema é que ao non ter compresión son moi grandes, é por iso non son moi utilizados en Internet.

Aiff (Audio Interchange File Format). Este formato é creación de Apple. Non ten compresión, polo que ocupan bastante espazo (un minuto de audio = 5 Mb). Hai unha alternativa deste formato AIFFC que sí ten compresión, pero teñen unha considerable perda de calidade, o que os mantén case en desuso.

Mp3 (Mpeg layer 3).Formato dixital de audio comprimido con pérdida. Foi desenrolado por Moving Picture Experts Group. É capaz de comprimir os arquivos ata 10 veces e non perde demasiada calidade, con respecto a outros formatos de compresión. Podemos decir que é dos máis usados, senón o máis.

Ogg (Ogg Vorbis). Formato de arquivo desenrolado pola Fundación Xiph.org. Ten unha compresión con perda, é dicir, comprime a música recortando parte da información sonora, o que conleva unha menor calidade. Este formato é aberto e libre, accesible para calquera e que se pode usar de balde. Ademáis, a diferenza doutros arquivos contenedores multimedia, está adecuado a streaming (distribución de audio e vídeo por Internet).

FLAC (Free Lossless Audio Codec). É un códec libre de compresión de audio sen pérdida, polo que ocupa bastante espazo. Ten soporte de streaming, o que o fai dos preferidos para a venta de música por Internet. Tamén é bastante eficaz para a realización de copias de seguridade de CDs, pois reproduce exactamente a información orixinal e é capaz de recuperala no caso de ter problemas co material.

WMA (Windows Media Audio). É a versión de compresión de audio de Microsoft , similar a mp3. Ademáis de reducir o tamaño dos arquivos, pode adaptalos a diferentes velocidades de conexión para Internet.

MIDI (Interfaz Dixital de Instrumentos Musicais). É o formato de arquivos de audio utilizado para gravacións musicais. É moi útil para traballar con sintetizadores, secuenciadores, tarxetas de son ou outros dispositivos musicais electrónicos. Polas súas cualidades, úsase frecuentemente para reproductores que combinan audio e vídeo.

Fonte da información Wikipedia.
Para ver o album do autor da primeira imaxe pincha aquí, e para ver o da segunda aquí.

4 may 2010

Montaxe "Camiño de Santiago".

Esta é unha segunda proba co programa Audacity na que puxen fondo musical a unha poesía do Camiño de Santiago. Escóitao!

Ir a descargar