15 jun 2010

Estrea de Dairas

Deixo a miña proposta para o "cartel virtual" (glogster) da estrea de Dairas. Podes consultar nel os datos principais sobre a curtametraxe e, ademáis, se pinchas nos diferentes enlaces podes atopar máis información sobre este proxecto. Ademáis podes ver un avance do traballo e algúns vídeos interesantes relacionados coa grabación e realización da curtametraxe.

E lembra, o mércores 23 de xuño ás 21:00 no Teatro Principal da Estrada, a estrea da curtametraxe Dairas. Esperámoste!



23 may 2010

Xéneros cinematográficos

Neste outro podcast, que novamente subín a Ivoox, podes escoitar as diferentes características dos principais xéneros cinematográficos.

7 may 2010

Formatos de audio

Actualmente existen varios formatos de audio que podemos manexar. Estes arquivos conteñen grabacións de audio, xa sexa música, voces... O que diferencia cada tipo de formato de arquivo son as propiedades de cada un, por exemplo a forma de almacenamento dos datos, as capacidades de reprodución, etc. Según a compresión (transporte da mesma información empregando menor capacidade de espazo) existes diferentes tipos de formatos. Aí van algúns deles:

WAV (Waveform Audio Format). É un formato de audio dixital que non ten compresión de datos. É propiedade de Microsoft. Recoñece arquivos mono ou estéreo, ademais de diferentes resolucións e velocidades. Unha característica importante é que non perde calidade ao ser usado, pero neste formato só se pode grabar arquivos de ata 4 GB. O problema é que ao non ter compresión son moi grandes, é por iso non son moi utilizados en Internet.

Aiff (Audio Interchange File Format). Este formato é creación de Apple. Non ten compresión, polo que ocupan bastante espazo (un minuto de audio = 5 Mb). Hai unha alternativa deste formato AIFFC que sí ten compresión, pero teñen unha considerable perda de calidade, o que os mantén case en desuso.

Mp3 (Mpeg layer 3).Formato dixital de audio comprimido con pérdida. Foi desenrolado por Moving Picture Experts Group. É capaz de comprimir os arquivos ata 10 veces e non perde demasiada calidade, con respecto a outros formatos de compresión. Podemos decir que é dos máis usados, senón o máis.

Ogg (Ogg Vorbis). Formato de arquivo desenrolado pola Fundación Xiph.org. Ten unha compresión con perda, é dicir, comprime a música recortando parte da información sonora, o que conleva unha menor calidade. Este formato é aberto e libre, accesible para calquera e que se pode usar de balde. Ademáis, a diferenza doutros arquivos contenedores multimedia, está adecuado a streaming (distribución de audio e vídeo por Internet).

FLAC (Free Lossless Audio Codec). É un códec libre de compresión de audio sen pérdida, polo que ocupa bastante espazo. Ten soporte de streaming, o que o fai dos preferidos para a venta de música por Internet. Tamén é bastante eficaz para a realización de copias de seguridade de CDs, pois reproduce exactamente a información orixinal e é capaz de recuperala no caso de ter problemas co material.

WMA (Windows Media Audio). É a versión de compresión de audio de Microsoft , similar a mp3. Ademáis de reducir o tamaño dos arquivos, pode adaptalos a diferentes velocidades de conexión para Internet.

MIDI (Interfaz Dixital de Instrumentos Musicais). É o formato de arquivos de audio utilizado para gravacións musicais. É moi útil para traballar con sintetizadores, secuenciadores, tarxetas de son ou outros dispositivos musicais electrónicos. Polas súas cualidades, úsase frecuentemente para reproductores que combinan audio e vídeo.

Fonte da información Wikipedia.
Para ver o album do autor da primeira imaxe pincha aquí, e para ver o da segunda aquí.

4 may 2010

Montaxe "Camiño de Santiago".

Esta é unha segunda proba co programa Audacity na que puxen fondo musical a unha poesía do Camiño de Santiago. Escóitao!

Ir a descargar

26 abr 2010

Escoita esta montaxe de cancións!

Co programa Audacity pódense crear, entre outros, montaxes incluíndo varios temas ou pedazos de cancións. Unha das probas que fixemos na clase é a seguinte, a cal colguei en Ivoox. Agardo que vos guste!



As cancións incluídas no traballo son as seguintes:

· Otherside, Red Hod Chili Peppers
· Your love is a lie, Simple Plan
· Ain´t it fun, Guns N´ Roses
· Stand by me, Oasis

17 mar 2010

Festival Viaxe a Roma 2010

Escoita os temas do festival!


21 dic 2009

Bo nadal!

Espero que disfrutedes nestes días de descanso, e deséxovos un feliz aninovo! BO NADAL A TODOS!
Un bo dia de nadal.